CRTVG

Buscar

Está pasando

Un de cada tres novos autónomos da UE é español, segundo as estatísticas europeas

14/09/2017 13:22
España é o país europeo onde máis persoas se fan autónomas. Segundo os datos de Eurostat, un de cada tres novos autónomos en Europa é español. O colectivo, din as estatísticas, medra en España a un ritmo catro veces superior á media.

O informe europeo indica que, mentres que en España son cada vez máis os autónomos, hai moitos países onde cada vez hai menos. É o caso de Portugal ou Romanía, onde os autónomos se reduciron un 18 por cento nos últimos cinco anos.

As estatísticas europeas revelan outro dato. O número de homes que se fan autónomos medra un 3 por cento. As mulleres, un 11, case o dobre da media europea.