CRTVG

Buscar

Está pasando

Un coche impacta contra un furgón policial nos Campos Elíseos de París

19/06/2017 17:07
En París, hai unha intervención policial en activo os Campos Elíseos despois de que un coche impactase cun furgón da Policía.

Non hai feridos como consecuencia deste impacto e o condutor do vehículo xa foi detido.

Fontes da seguridade gala non confirman nin tampouco descartan, polo momento, que se trate dun atentado, aínda que o condutor ía armado.

A Policía pide que os cidadáns eviten esta zona dos Campos Elíseos.