CRTVG

Buscar

Está pasando

Un ataque en Libia deixa preto de 150 mortos

19/05/2017 23:36

Un ataque en Libia deixa preto de 150 mortos. Forzas afíns ó Goberno asaltaron unha base militar controlada por soldados leais ó mariscal Jalifa Hafter, que lidera o exército Nacional Libio e pertence ó mesmo partido co coronel Muamar el Gadafi. 

No 2011, a chamada 'Primavera Árabe' derrocou o goberno de Gadafi en Libia tras unha insurección armada de corte islamista que contou co respaldo da OTAN e da ONU.