CRTVG

Buscar

Está pasando

Trump vincula a Rusia cos ciberataques electorais

11/01/2017 19:01

O presidente electo dos Estados Unidos, Donald Trump, recoñece que Moscova estivo detrás dos ciberataques realizaos no proceso electoral que rematou nos comicios do 8 de novembro.

Nunha conferencia de prensa, a primeira que ofrece despois da súa elección, Trump dixo que "hackear é malo" e que non tería que ocorrer. Referíase así aos informes de Intelixencia que indican que os ataques cibernéticos rusos puideron "beneficiar" o aspirante presidencial republicano.