CRTVG

Buscar

Está pasando

Tres detidos por un delito de estafa por Internet

13/09/2017 19:26
Os detidos son nacionalidade colombiana e residentes nas localidades de Foz e Friol
.

A bautizada como Operación Charrelas destapou unha presunta trama de páxinas web de falsas axencias de viaxes, usurpando nas operacións a identidade e as contas bancarias de terceiras persoas. Os detidos chegaron a estafar preto de vinte mil euros.

Impútanlles os delitos de estafa, branqueo de capitais e usurpación de estado civil.