CRTVG

Buscar

Está pasando

Tres accidentes con feridos nas estradas galegas nas últimas horas

13/08/2017 11:29
En Barreiros
, Lugo, un vehículo envorcou preto de Trabada. O conductor puido saír polos seus propios medios do interior do turismo pero foi trasladado ó hospital de Burela. Finalmente, o coche foi retirado da vía por unha grúa para que se levasen a cabo os labores de limpeza da estrada.

Ademais, un ciclista resultou ferido de gravidade ó colisionar cun coche en Noia. O accidente tiña lugar na AC-550 , no punto quilométrico 70. Segundo os datos facilitados polo 112, o ciclista estivo consciente en todo momento tralo sinistro e foi trasladado ó complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Por último, dous vehículos sufrían un choque frontal de madrugada en Tui, Pontevedra. Por mor da colisión frontal, unha persoa resultaba ferida.