CRTVG

Buscar

Está pasando

Tremor en Indonesia

13/08/2017 06:11
Un tremor de 6,4 graos de magnitude na escala de Richter sacudiu este domingo as augas cercanas á costa occidental da illa indonesia de Sumatra, sen que as
autoridades informasen de danos ou vítimas.

O hipocentro do sísmo estivo a 35 quilómetros de profundidade no lecho marino e a uns 52 quilómetros da costa.

O Centro de Alertas de Tsunami do Pacífico non emitiu aviso de risco de onda xigante.

Indonesia asentase nunha zona de gran actividade sísmica. En 2004, un forte tremor no norte de Sumatra xerou un tsunami que causou máis de 226.000 mortos nunha ducia de nacións bañadas polo Índico.