CRTVG

Buscar

Está pasando

Tractorada en Ourense para pedir axudas polas xeadas

19/05/2017 11:31
Os labregos e gandeiros da Gudiña e de Viana do Bolo, na provincia de Ourense, organizan a esta hora unha tractorada para reclamar axudas polas perdas que causaron as xeadas das últimas semanas.

Uns douscentos tractoristas concéntranse arestora na estrada que une ámbolos concellos, a OU-533.