CRTVG

Buscar

Está pasando

Todos os aeroportos galegos rexistraron un aumento de pasaxeiros no 2016

11/01/2017 13:21

O de Vigo foi o que más incremento experimentou.

O datos presentados hoxe por AENA indican que o aeroporto de Peinador rexistrou 954.000 pasaxeiros, un 33 por cento máis ca no 2015.

O compostelán da Lavacolla contabilizou un total de 2.510.000 pasaxeiros, un 9 por cento máis.

E por último o coruñés de Alvedro rexistrou un total de 1.053.000 viaxeiros, algo máis do 3 por cento.