Xa son doce os detidos na operación en que prenderon o alcalde de Ourense

20/09/2012 11:49

Segundo puido saber a Radio Galega, ascende a doce o número de detidos na operación que esta mañá tamén supuxo a detención do alcalde de Ourense.

Os arrestos producíronse en Galicia e noutras zonas de España. A operación está ordenada pola xuíza de Lugo, Pilar de Lara.

Canda o alcalde ourensán foron detidos, entroutros, o ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil e un funcionario do concello de Santiago.

O alcalde de Ourense, Franciso Rodríguez, permanece nas dependencias da Policía Nacional en Pontevedra, onde foi trasladado tras ser detido no seu domicilio por axentes de Vixilancia Aduaneira de Pontevedra.

Está acusado, como o resto dos arrestados, de presuntos delitos de tráfico de influencias, branqueo de cartos e alzamentos de bens.

Compartir en Facebook