Son dez os detidos en Galicia na operación coñecida como Pokemon
Dez dos doce arrestados na operación contra o branqueo de cartos desenvolvida por Vixilancia Aduaneira foron detidos en varias localidades galegas.
4 deles foron detidos en Lugo, dous en Ourense, entre eles o alcalde e o ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Tamén detiveron dúas persoas na Coruña, unha en Santiago, un funcionario do Concello, e outra en Bueu, na provincia de Pontevedra.
A estes arrestados hai que sumar dous en Asturias e en Madrid.
A operación, denominada Pokemon, foi ordenada pola xuíza do xulgado número un de Lugo . Perséguese a malversación de caudais públicos e o branqueo de capitais.
