CRTVG

Buscar

Está pasando

Seis detidos nunha redada antidroga en Lugo

19/05/2017 10:12
Operación antidroga en Lugo. A Policía Nacional detivo SEIS persoas nas últimas horas na cidade. O operativo comezou na tarde de onte e segue aberto.

Ó longo da noite continuaron os rexistros en locais e domicilios. Entre eles os axentes actuaron en dous bares de ambiente latino do barrio lucense da Milagrosa.

Aínda non hai información oficial por parte da Comisaría de Policía Nacional de Lugo pero si que podemos confirmar que a cifra provisional de detidos elévase a 6 persoas.

O amplo dispositivo policial responde ás reiteradas queixas de veciños pola venda de droga (cocaína entre outras substancias) e os constantes altercados violentos no interior e na contorna deses bares latinos
.