Segundo día do xuízo polo accidente da fragata Extremadura
O accidente da fragata Extremadura debeuse á contaminación da auga da caldeira e ao mantemento deficitario do buque por parte da Armada
Así de rotundo se expresou esta mañá ante o tribunal militar o que entón era cabo primeiro na fragata, Jorge Gago.
Na súa opinión, a alta concentración de cloro na auga debilitou a tubaxe que estoupou en 2005 e causou a morte de dous tripulantes.
Mantén que a caldeira tiña que apagarse e que así llelo recomendou esa noite en dúas ocasións aos seus superiores.
Jorge Gago culpa o acusado, o xefe de maquinas, por non ordenar apagar a caldeira, pero tamén a Armada polo mantemento deficitario da fragata.
