Ruiz-Mateos será trasladado a Mallorca

22/08/2012 19:54

A policía trasladará nas próximas horas a José María Ruiz-Mateos a Mallorca. Hoxe foi detido en Pozuelo de Alarcón para garantir que mañá, xoves, compareza ante a xuíza de Palma, que o investiga por unha suposta estafa na compravenda dun hotel.
A familia de Ruiz-Mateos, que considera desproporcionado o arresto, subliñou que o empresario xa tiña os billetes de avión para viaxar mañá a Mallorca e ir ao xulgado.

Compartir en Facebook