CRTVG

Buscar

Está pasando

Restauran as pinturas do mosteiro de Moraime (Muxía)

14/09/2017 12:31
A Xunta destina 50.000 euros para restaura-las pinturas das paredes do mosteiro de Moraime, en Muxía. A Consellería de Cultura afirma que serán traballos para limpa-los murais, evitar fungos e reintegra-las colores orixinais.

O mosteiro de Moraime, a pesar de estar declarado Ben de Interese Cultural con categoría de conxunto histórico, sofre graves problemas pola humidade.

A Xunta afirma que os 50.000 euros destinados á recuperación das pinturas se engaden ós investimentos realizados nos últimos anos no mosteiro, que suman máis de 100.000 euros.