CRTVG

Buscar

Está pasando

Rescatan os monitores retidos nun correccional de Guatemala

21/03/2017 01:44

As forzas de seguridade guatemaltecas liberan os catro monitores dun correccional que levaban máis de vintecatro horas retidos por un grupo de internos amotinados.

Un deles morreu ao chegar ao hospital, dous están graves e o estado do cuarto é delicado, segundo a información facilitada polo centro. Así, son tres os monitores asasinados neste correccional de San José Pinula e catro os que están hospitalizados.

En principio non se informa de feridos entre os internos e, á espera de que as autoridades expliquen os detalles nunha rolda de prensa, o ministro de Gobernación di que o operativo cumpriu coa lei e co respecto aos dereitos humanos. Os amotinados, entre vinte e trinta mozos, denunciaban malos tratos e
unhas condicións de hixiene lamentables, algo que xa constatara hai medio ano a Fiscalía de Dereitos Humanos do país; tamén reclamaban o traslado duns 200 internos doutro correccional ao seu.