CRTVG

Buscar

Está pasando

Recuperan un cadáver aboiando preto da Torre de Hércules

11/01/2017 18:52

Efectivos de Salvamento Marítimo recuperaron hoxe o corpo sen vida dunha moza nas proximidades da Torre de Hércules, na Coruña.
Dáse a circunstancia de que levaba posto un traxe de neopreno.
Foi este mediodía cando un pesqueiro que pescaba na zona avisou que avistaran un corpo á deriva.
Segundo transcendeu, a desaparición da moza, duns 18 anos, fora denunciada o domingo pasado.
A Garda Civil confirmou que era de orixe paquistaní e residía na cidade herculina.
Agora, a Policía Nacional investiga as causas do falecemento. Segundo os primeiros indicios, o corpo non presenta sinal de violencia ningún.