CRTVG

Buscar

Está pasando

Récord de incendios en Portugal

13/08/2017 02:21
Portugal rexistrou este sábado un total de 226 incendios en todo o país, o que supón un novo récord no referido a lumes contabilizados nun só día no que vai de
ano.

Ata as 9 da noite había rexistrados 226 fogos, dos que 19 permanecían activos.

O récord anterior rexistrouse o venres, con 220, e que a súa vez batía a cifra do día anterior, con 215.

De tódolos lumes que afectan ó país, que son combatidos por máis de 2.000 bombeiros, preocupan especialmente os do distrito de Coimbra, no centro de Portugal.