CRTVG

Buscar

Está pasando

Ramón Carballo preséntase como candidato a presidir o PP de Lugo

21/04/2017 11:52

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, acaba de presentar oficialmente a súa candidatura para presidir o PP de Lugo. Xa o insinuara días atrás, pero Carballo esperou a que se convocase o congreso local para facer oficial a súa decisión.

No acto desta mañá Ramón Carballo estivo acompañado polo actual presidente do PP lugués, Jaime Castiñeiras.