Rajoy pedirá á UE que tome medidas para estabilizar os mercados
O presidente do Goberno dixo no Congreso que España non poderá financiarse durante moito tempo aos prezos aos que o está a facer. Na sesión de control ao Goberno, Rajoy dixo que o problema nestes momentos é poder financiarse. Por iso asegurou que reclamará aos socios europeos que se utilicen os instrumentos comunitarios necesarios para calmar os mercados. Rajoy non precisou se pedirá que actúe o Banco Central Europeo ou os fondos de rescate en apoio á débeda soberana e aos bancos. Engadiu o presidente do Goberno que cunhas primas de risco como as actuais é moi difícil que a economía poida crecer.
