CRTVG

Buscar

Está pasando

Prisión para un empresario de Vigo por abusar de menores

21/04/2017 16:21

O xuíz ordena prisión provisional, comunicada e sen fianzas para un empresario de Vigo ao que lle atribúe un delito contra a liberdade sexual.

O home, un coñecido hosteleiro da Cidade Olívica, de 40 anos, foi detido hai dous días, despois dunha investigación que comezou a principios de ano. Hoxe o mediodía pasou a disposición xudicial.

Ao parecer, o empresario captaba aos nenos ás portas dos colexios e convidábaos ao seu restaurante ou a dar paseos no seu deportivo e nin iate de luxo.

Suxeríalles ver películas con contido sexual, ofrecíalles alcol para desinhibilos ou mesmo espirse, para poder facerlles fotos. Así abusaba sexualmente deles.