CRTVG

Buscar

Está pasando

Prisión eludible baixo fianza para dous ex-directivos do Canal de Isabel II

21/04/2017 00:26

O xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco decretou prisión eludible baixo fianza para dous         ex-directivos do Canal de Isabel II tras tomarlles declaración no marco da Operación Lezo, que investiga unha suposta trama de corrupción arredor da empresa pública de augas da Comunidade de Madrid.

O maxistrado imponlle unha fianza de catro millóns de euros á que foi directora financeira do Canal María Fernanda Richmond e unha de cen mil euros ó que foi xerente Adrián Martín. Están acusados de pertenza a organización criminal, malversación de fondos públicos, prevaricación e falsidade documental. O xuíz ten previsto tomarlles hoxe declaración aos outros dez arrestados, incluído o ex-presidente popular da Comunidade Ignacio González, que pasa a segunda madrugada nos calabozos da Comandancia da Garda Civil de Tres Cantos.