CRTVG

Buscar

Está pasando

Preto de catorce mil cincocentas persoas se presentarán ás oposicións de Educación

19/05/2017 11:58
Preto de catorce mil cincocentas persoas se inscribiron para participar nas oposicións de Educación que vai convocar a Xunta o mes que vén. Ofértanse en total mil corenta e tres prazas de profesores.

Máis da metade dos inscritos (case sete mil cincocentos) optarán a un posto na especialidade de mestres. Algo máis de seis mil persoas concursarán por unha praza no Ensino Secundario. Na especialidade de profesores técnicos de FP inscribíronse 823 persoas e nas de Música e Artes Escénicas outras 46.

As probas da oposición comezarán previsiblemente o 24 de xuño.