CRTVG

Buscar

Está pasando

Premios da Cultura Galega para Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado e Ignacio Vilar

22/09/2015 21:13

O xurado dos Premios da Cultura Galega acaba de fallar os galardoados este ano.

Na modalidade de Letras, a premiada é a escritora Fina Casalderrey, especializada en literatura infantil e xuvenil.

No apartado de Artes Plásticas, recoñécese o labor do debuxante Miguelanxo Prado, considerado polo xurado como o o autor máis importante da historia do cómic galego.

A actriz María Bouzas é a galardoada no apartado de Artes Escénicas. Na categoría de Audiovisual, prémiase o traballo do cineasta Ignacio Vilar, director de filmes como "A Esmorga" ou "Pradolongo".

Na categoría de música, recibirá o galardón o Coro Toxos e Froles, nado en 1915.

Tamén foron premiados a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (na categoría de Lingua), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (en Patrimonio Cultural), e a investigadora Katheen Nora March (Promoción Exterior).

O xurado reuniuse esta tarde na Cidade da Cultura, baixo a presidencia do conselleiro Román Rodríguez.