CRTVG

Buscar

Está pasando

Podemos rexistrará a moción de censura contra Cifuentes o 22 de maio

19/05/2017 23:38

Podemos rexistrará a moción de censura contra a presidenta madrileña, contra Cristina Cifuentes, o próximo luns, 22 de maio. Así o anunciou o secretario xeral de Podemos-Madrid, Ramón Espinar. A candidata da moción será Lorena Ruíz-Huerta. 


Para saca-la adiante, o grupo deberá conseguir o apoio de Ciudadanos e dos socialistas madrileños.