CRTVG

Buscar

Está pasando

Park Geun-hye, interrogada pola Fiscalía

21/03/2017 03:19

A ex-presidenta surcoreana Park Geun-hye está xa sendo interrogada pola Fiscalía pola súa presunta implicación no caso da chamada Rasputina, que supuxo a súa destitución hai uns días.

Á súa chegada á sede do Ministerio Público en Seúl, entre unha enorme expectación, ante centos de informadores, a ex-mandataria, que ata o de agora defendeu a súa inocencia, pedíu perdón e asegurou que respondería "escrupulosamente" ás preguntas que lle fixesen.

Tras perder a inmunidade, comparece ante a Fiscalía como presunta autora de trece delitos, incluídos abuso de poder e aceptación de suborno; subornos de grandes empresas do país como o xigante Samsung.