CRTVG

Buscar

Está pasando

Ovos contaminados en Hong Kong

13/08/2017 07:53
As autoridades de Hong Kong aumentaron os controis sanitarios dos ovos procedentes de Europa despois de que a principios de mes se encontraran na excolonia dúas partidas procedentes de Holanda con excesivos niveis de pesticida.

A secretaria de Saúde da excolonia británica dixo que se aumentaron os controis dos ovos procedentes de Holanda e Bélxica, se ben as medidas sanitarias se extenden a tódolos de procedencia europea.