CRTVG

Buscar

Está pasando

Os prezos do turismo e os carburantes elevan o IPC

13/09/2017 10:30
Os prezos subiron un 0'3 por cento o mes pasado. O que máis encareceron foron os servizos relacionados co turismo: a hostalería e o lecer. En toda España, o encarecemento foi menor: do 0'2 por cento.

En agosto subiron especialmente os paquetes turísticos nacionais: un 12 por cento. Tamén, aínda que menos do 5 por cento, os voos internacionais e os hoteis. Pola contra, baixaron moito as froitas frescas e as patacas.

Contando desde agosto do ano pasado, o custo da vida aumentou en Galicia un 1'8 por cento. En toda España, un 1'6.

No último ano, o que máis subiron foron o aceite de oliva, os carburantes, a electricidade e os seguros. O que máis baixou, a froita, as patacas e os teléfonos móbiles.