CRTVG

Buscar

Está pasando

Os estibadores de Vigo manterán os días de folga tras convalidar o Congreso a reforma do sector

19/05/2017 11:11
Os sindicatos de estibadores analizan os pasos a dar trala convalidación no Congreso do decreto que reforma o seu sector. Manteñen a convocatoria de xornadas de folga a partir da próxima semana pero non pechan a porta a acordar coa patronal as condicións laborais que o goberno NON regulou na nova norma.

No Galicia por Diante, o responsable da Coordinadora Estatal de Traballadores do Mar no porto de Vigo, Sergio Rodríguez, apuntaba hai uns minutos que están dispostos a seguir adiante coa folga como medida de presión.