CRTVG

Buscar

Está pasando

Os comercios de Santiago súmanse á campaña a prol da biopsia líquida

20/03/2017 12:18

A campaña de micromecenado a prol da biopsia líquida que puxo en marcha o grupo de Oncoloxía do Hospital Clínico de Santiago continúa sumando apoios. A partir de hoxe máis dun cento de establecementos da zona nova de Compostela instalarán un peto para que a xente faga doazóns e axude a financiar a investigación sobre esta técnica innovadora. A biopsia líquida permite estudar os tumores a través do sangue e facer un seguimento da súa evolución.

Os impulsores da campaña pretenden recadar medio millón de euros para poñer en marcha os seus plans e nestes momentos xa levan xuntado algo máis da metade.

O presidente da asociación de comerciantes Santiago Centro, José María Fernández, anima a xente a colaborar nos petos que atoparán nas tendas ata o primeiro de abril.