O Tesouro buscará colocar hoxe ata 4.500 millóns en letras
O Tesouro Público sae hoxe ao mercado para tentar captar entre 3.500 e 4.500 millóns de euros en letras a 12 e 18 meses.
A poxa chega un día despois de notarse un cambio de tendencia nos mercados.
A bolsa perdeu o 1,21 por cento tras varias xornadas en positivo e a prima de risco freou a súa tendencia á baixa: pechou nos 477 puntos, 17 máis dos que marcara a mediodía.
