CRTVG

Buscar

Está pasando

O sistema sanitario español, oitavo nunha lista mundial

19/05/2017 01:54
España sitúase no oitavo posto nunha lista mundial sobre os sistemas sanitarios dun total de cento noventa e cinco países. Obtén 90 puntos, os mesmos que Suecia, Noruega ou Países Baixos, nunha listaxe que encabezan Andorra, Islandia e Suíza.

Segundo o informe, publciado pola revista médica "The Lancet", o sistema sanitario español sumou case dezaseis puntos nos últimos vinte e cinco anos, e supera ós de países da contorna como Alemaña, Reino Unido ou Francia. O estudo analiza os niveis de mortaldade para 32 enfermidades entre 1990 e 2015.