CRTVG

Buscar

Está pasando

O Senado refrenda o Pacto de Estado contra a violencia machista

13/09/2017 07:03
O Senado refrenda hoxe o Pacto de Estado contra a violencia machista con 268 medidas consensuadas de forma unánime para tratar de erradicar esta lacra.

O texto incorporou a última hora unha medida relacionada con casos coma o protagonizado por Juana Rivas. Pide que se realicen as modificacións lexislativas necesarias para protexer as vítimas que estean en situación de subtracción internacional de menores motivada pola violencia machista.
Entre os puntos máis destacados acordados pola Cámara Alta está o de substituír a declaración da vítima no xuízo oral por unha video gravación para evitar vitimizar a agredida ou o dereito de quitar o apelido dun pai condenado por malos tratos. Tamén se contempla suspender a custodia compartida cando se dicte unha orde de protección prá nai.

Amplíase tamén o concepto de violencia de xenero a trata, mutilación xenital o matrimonio forzado ou a violencia sexual.