CRTVG

Buscar

Está pasando

O Rei pon a Galicia como referente do comercio exterior español

17/07/2017 16:31

O Rei Filipe VI considera que Galicia é un "referente" do comercio exterior español. Ademáis convidou en Vigo ás empresas a non perder "as súas raíces".

O monarca recibiu na cidade olívica a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia, no acto conmemorativo do 25 aniversario da entidade.

O presidente do Círculo de Empresarios vigués pediu no seu discurso o apoio das administracións para, entre outras cousas, fomentar as exportaciòns das empresas galegas. Juan Güell, destacou o papel do Rei para recuperar o dinamismo dos mercados nacionais e internacionais.