CRTVG

Buscar

Está pasando

O PSOE pedirá que o Congreso investigue se houbo responsabilidades políticas en Angrois

17/07/2017 15:32

O PSOE pedirá en setembro que o Congreso dos Deputados investigue se houbo responsabilidades políticas no accidente de Angrois, ocorrido o 24 de xullo de 2013. Un sinistro en que morreron 80 persoas e 144 quedaron feridas.

Así se decidiu por unanimidade na reunión da Permanente da Executiva Federal dos Socialistas celebrada este luns.

Foi Pilar Cancela, integrante dese órgano socialista e presidenta da xestora do PSdeG, quen se encargou de defender a iniciativa.