CRTVG

Buscar

Está pasando

O Pacto contra a Violencia de Xénero, máis preto

17/07/2017 17:30
O Goberno e as Comunidades Autónomas asinarán nas próximas semanas un Pacto contra a Violencia de Xénero.

Este era un dos principais obxectivos que se marcaron as dúas Administracións na Conferencia de Presidentes de xaneiro. Hoxe reuniuse o Comité de seguimento, ó que asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Nese foro, o Goberno fixo un balance "satisfactorio" do grao de cumprimento dos acordos acadados en xaneiro.
Onde hai máis avances é en violencia de xénero e tamén na recuperación da xornada de 35 horas no sector público que podería aplicarse o ano que vén.