CRTVG

Buscar

Está pasando

Maduro responde a EEUU

19/05/2017 06:15

O Goberno de Nicolás Maduro "repudia" as sancións anunciadas por EE.UU a oito xuíces do Supremo por usurpar as funcións do Parlamento: considéraas "inadmisibles e inauditas". Así o aegurou a ministra venezolana de Exteriores en Twitter.

A oposición convocou para mañá a que confían sexa a maior demostración de forza dos cidadáns coincidindo con 50 días de mobilizacións contra o Executivo. Hoxe o dirixente Henrique Capriles tiña previsto reunirse en Nova York co Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos, pero denunciou que as autoridades venezolanas lle impediron viaxar.