CRTVG

Buscar

Está pasando

O Goberno británico activará o 'Brexit' o 29 de marzo

20/03/2017 13:14

A primeira ministra británica activará o 'Brexit', o proceso de saída da Unión Europea, o próximo 29 de marzo. Así o acaba de informar o Goberno de Theresa May.

A primeira ministra comparecerá ante o Parlamento británico ese mesmo día para informar de que invocou o artigo 50 que inicia o proceso formal das negociación para a saída da Unión Europa.