CRTVG

Buscar

Está pasando

O Goberno aproba a lei que permitirá que o emperador Akihito abdique

19/05/2017 04:07

Primeiro paso para que o emperador nipón abdique. O emperador Akihito poderá facelo e cederlle o cargo ó seu fillo Naruhito tras aprobar o Goberno o proxecto de lei que permitirá sortear a lei imperial que impide deixar o trono.

O texto será remitido hoxe mesmo ó Parlamento, e o Executivo xaponés agarda que as Cortes lle dean luz verde o mes que vén. A última vez que abdicou un emperador nipón foi en 1817.