CRTVG

Buscar

Está pasando

O fiscal pide catro anos de cadea para Narcís Serra, ex-presidente de CatalunyaCaixa

20/03/2017 12:48

Os responsables das antigas caixas de aforros seguen baixo a lupa da xustiza. A Fiscalía Anticorrupción pide catro anos de cárcere para o que fora presidente de CatalunyaCaixa, o ex-ministro Narcís Serra, por supostamente conceder sobresoldos aos directivos da entidade.

A mesma pena, catro anos de prisión, pide o fiscal para Adolf Todó, ex-director xeral de CatalunyaCaixa. A Fiscalía a Narcís Serra e o seu número dous un delicto continuado de administración desleal, acúsaos de buscar unicamente o beneficio propio.

Ademais, o fiscal pide unha pena de tres anos de privación de liberdade polo mesmo delito para o resto de acusados (un total de trinta e nove persoas, a maioría membros do consello de administración da antiga caixa de aforros).