CRTVG

Buscar

Está pasando

O FBI investiga a campaña electoral de Donald Trump

20/03/2017 17:30

O director do FBI acaba de confirmar que a súa axencia investiga a campaña do presidente actual, Donald Trump, e os seus posibles nexos con Rusia para interferir nos resultados dos comicios de novembro pasado. Asegurouno nunha audiencia pública no Congreso estadounidense.

Ademais, o director do FBI dixo non ter información que apoie as acusacións de Trump contra o seu predecesor, Barack Obama. O presidente acusara en Twitter a Obama de intervir as súas comunicacións.