CRTVG

Buscar

Está pasando

O Daesh reivindica o ataque no corazón de París

21/04/2017 03:45

As forzas de seguridade francesas xa identificaron ó autor do atentado desta noite en pleno corazón de París, nos Campos Elíseos, que lle custou a vida a un policía e deixou outras tres persoas feridas: dous axentes, un deles está grave, e unha persoa que pasaba pola zona, sen que a vida de ningún deles corra perigo.

A Fiscalía di que saben quen é o atacante, que foi abatido, pero evita facilitar a identidade porque están practicando varios rexistros e hai outras operacións abertas para averiguar se contou con cómplices. O Daesh asumíu a autoría da acción terrorista, afirmando que o seu "combatente" se chamaba Abu Yusef o belga. Medios galos apuntan que estaría fichado pola súa radicalización islámica e que estivo en prisión por disparar a varios axentes.

O propio presidente da República dixo nunha breve comparecencia ante os medios que o ataque contra unha patrulla policial ten "carácter terrorista". François Hollande convocou para as 08.00 horas unha reunión do Consello de Defensa e lembrou que o nivel de vixilancia no país é máximo, afirmando que así seguirá de cara ás eleccións presidenciais do domingo.