CRTVG

Buscar

Está pasando

O Concello de Lugo derruba hoxe cinco chabolas do poboado xitano do Carqueixo

14/09/2017 11:10
As pas municipais teñen previsto comezar pola mañá o derrubamento de parte do poboado xitano de Nazaret
. Está programada a intervención para demoler cinco das trece chabolas que hai no Carqueixo onde están censadas trinta e seis persoas.
As familias que permanecen alí quéixanse de que o lugar é insalubre. Din que están á espera de que desde os servizos sociais lles concedan vivendas de protección oficial para poderen marchar.

Os traballos de demolición estarán supervisados pola Policía Local e desenvólvense no marco do plan de erradicación do chabolismo, posto en marcha hai anos polo Concello de Lugo e a Xunta de Galicia.