CRTVG

Buscar

Está pasando

O Celta métese por primeira vez nunha semifinal europea

21/04/2017 00:18

O Celta fai historia. O equipo olívico métese por vez primeira nas semifinais dunha competición europea, da Liga Europa. Faino tras empatar a 1 co Genk en Bélxica no partido de volta dos cuartos de final.

Foi un encontro con poucas oportunidades, no que os de Eduardo Berizzo fixeron bo o 3-2 logrado hai unha semana en Balaídos. Os dous goles chegaron na segunda metade: primeiro marcou o Celta, no minuto 66, con tanto de Pione Sisto, e só catro minutos despois empataron os belgas. O Genk veuse entón arriba, pero os olívicos defenderon o resultado ata o final do encontro.

Esta mañá os vigueses saberán con quen se xogarán o pase á final: co Manchester United, co Ajax ou co Olympique de Lión; os tres precisaron prórrogas para meterse nas semifinais.