CRTVG

Buscar

Está pasando

Novas manifestacións en Caracas

13/08/2017 03:49
A Garda Nacional Bolivariana e un reducido grupo de mozos simpatizantes da oposición venezolana enfrontaronse nas últimas horas en Caracas ó remate das manifestacións de apoio ós dous alcaldes Chacao e o Hatillo, concellos considerados bastións do antichavismo, e que foron condenados a 15 meses de prisión polo Supremo.

O tribunal considerou que ambolos alcaldes non axerceron as súas atribucións para evita-la instalación de barricadas nas protestas que sacuden ós país dende hai 4 meses.

Os alcaldes non se presentaron ó xuízo e están sendo buscados polas autoridades.

Nos enfrontamentos deste sábado, os opositores guindaron pedras contra os axentes que responderon con perdigóns de goma e gases lacrimógenos.