CRTVG

Buscar

Está pasando

Daniel Shechtman gaña o Nobel de Química polo descubrimento dos materiais sólidos denominados "cuasicristais"

05/10/2011 13:06


O científico israelí Daniel Shechtman gañou o Premio Nobel de Química 2011.

A Real Academia das Ciencias de Suecia concedeulle o galardón polo seu descubrimento dos "casecristais".

Shechtman foi recoñecido polo seu traballo tenaz e en solitario baseado en datos empíricos sobre estas estruturas.

Os "casecristais" son malos condutores da electricidade e moi duros e resistentes á deformación. Empréganse para recubrimentos protectores antiadherentes.

Este químico israelí comprobou que os "casecristais" son materiais que non se poden construír pola repetición e xustaposición de unidades menores, como un mosaico árabe.

Shechtman, nacido en Tel Aviv en 1941, exerce desde 1972 no Instituto de Tecnoloxía de Haifa, e converteuse hoxe no único gañador en solitario dos Nobel  2011 correspondentes ao ámbito científico.

Mañá, xoves, darase a coñecer o de Literatura e o venres o da Paz, os dous máis agardados entre os prestixiosos premios.