CRTVG

Buscar

Está pasando

Morren 25 persoas nun colexio en Malaisia

14/09/2017 05:25
Vinte e cinco estudantes e profesores morreron en Malaisia por mor dun incendio que arrasou esta noite unha escola relixiosa.
O lume declarouse antes do amencer preto da porta de entrada do edificio e propagouse rapidamente polas instalacións, abrasando as habitacións e as liteiras dos estudantes.
Por sorte unha ducia de persoas logrou escapar.
As autoridades investigan as causas do lume.