CRTVG

Buscar

Está pasando

Morre un dos feridos no incendio de Vejer

16/07/2017 22:55
Xa son tres os mortos no incendio dunha casa de verán no municipio gaditano de Vejer da Fronteira.

Trátase dun home de 45 fillos e a súa filla de cinco, aos que hai sumar un amigo da familia que faleceu esta tarde na unidade de grandes queimados dun hospital de Sevilla.

No mesmo centro permanece moi grave a muller. O outro fillo da parella, de nove anos, presenta queimaduras en máis do 60% do corpo.

O sinistro ocorreu de madrugada, segundo fontes municipais tras prender unha candea nunha mesa de plástico. As lapas propagáronse con rapidez polas vigas de madeira do porche da vivenda. A nai, o fillo e mailo convidado conseguiron sair. O pai e a meniña, que este domingo celebraba o seu quinto aniversario, morreron a causa do fume.