CRTVG

Buscar

Está pasando

Morre Martin Landau

17/07/2017 03:27

Morre aos 89 anos o actor estadounidense Martin Landau, coñecido e recoñecido pola súa interpretación en 'Coa morte nos talóns', de Alfred Hitchcock.

Foi en 1959 e, dez anos despois, facíase co Globo de Ouro ao Mellor Actor de Televisión polo seu papel en "Misión: Imposible", que tamén lle supuxo dúas candidaturas aos Premios Emmy. En 1994 gañou o Óscar como mellor actor de reparto polo seu traballo como Béla Lugosi no filme de Tim Burton 'Ed Wood'.