CRTVG

Buscar

Está pasando

Morre George A. Romero, mestre do xénero zombi

17/07/2017 01:49

Morre o cineasta neoiorquino George A. Romero, mestre do terror de serie B e pai das películas de
zombis coa creación da saga "A noite dos mortos vivintes": estreada no 68, tras ser rodada cun presuposto duns 100.000 euros, recadou vinte e seis millóns e acabou converténdose nun clásico de culto.

Faleceu aos 77 anos, mentres durmía, "tras unha curta pero agresiva batalla contra o cancro de pulmón". Así se recolle nun comunicado do seu produtor.